Coanhadeiros

basegif
 

todosredux
 

PATRICIA LÓPEZ: Voz e Pandeireta . Integrante da Aula Gomes Mouro de Ourense, Mestra de Canto e Pandeireta na Asoc. Ourensana de Folclore Tradicional, onde imparte Aulas en diversas Asociacións e Concellos. Na súa formación destacan mestres coma Guadi Galego, Ugía Pedreira, Ramón Bermejo, Fransy González e Pauline Ceremuzynska entre outros. Actualmente é alumna da Central Folque de Compostela.
 

XERARDO QUINTELA: Acordeón. Estudos de acordeón no Cmus de Ourense e Vigo, onde rematou o Grao Profesional no ano 2008. Realiza cursos con acordeonistas como Oleg Sharov, S. Scappini, J. Mornet, J. C. Cárcamo… Obten varios galardóns como solista e en grupo en diversos certamenes. Actualmente imparte aulas en varios concellos ourensáns e continúa coa súa formación na escola de música Estudio de Compostela.
 

JESÚS PÉREZ,”CHECHU”: Gaitas, Whistle e Zanfona. Membro da agrupación Castro Floxo ca que realiza actuacións de carácter nacional e internacional en países como Brasil, Bolivia, Taiwan, Rusia… Tamén recibiu clases de zanfona e gaita na asociación Gomes Mouro. Actualmente é mestre de gaita en Arnoia, Ramirás e no Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense; e alumno de zanfona na Central Folque de Compostela.
 

MARCOS PÉREZ: Batería e percusións. Autodidacta en gran parte da súa vida, membro da agrupación Castro Floxo, do cuarteto Redea Solta co que acada varios premios en diversos concursos de música tradicional, como tamborileiro acompaña a Pablo Devigo co que consigue numerosos premios como a victoria no Portela de pechado 2006, ou o memorial Manuel Villanueva 2007. Actualmente imparte aulas en distintos concellos.
 

OSCAR FREIRE: Gaitas e Saxos. Gaiteiro de Castro Floxo dende 1982, dentro de este colectivo ten amosado por todo o mundo a cultura tradicional galega, desenvolve un longo traballo etnográfico na Galiza, na actualidade imparte aulas de gaita en Ribadavia e no Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense.
 

FRAN X GOMEZ: Clarinete e Guitarra sintetizada e acústica. Músico de formación autodidacta, tén participado noutros grupos como a Agrup. Castro Floxo, Mutenrohi (co que gravou o primeiro disco do grupo), e BateCerto. Foi membro e mestre da AOFT Gomes Mouro” de Ourense
 


Voltar o Inicio