Discografía
HAIQUE (podería ser tamén “´había que…”), é a ilusión perseguida, o “querer e non poder” (¿ou
sí?) dende o amateurismo que move de momento aos Coanhadeira, nun traballo no que o grupo
está detrás de todos os seus elementos , dende a pre-producción, a idea orixinal, até a mestura e seguramente a distribución. HAIQUE facer moitas cousas, mais o caso é ter tempo e posibilidade real de facelas.

HAIQUE recolle o principal do repertorio do grupo dende a súa formación, con renovacións de
arranxos nalgún caso, e dúas pequenas sorpresas en forma de grandes colaboracións, de Guadi Galego
e Fonso “Skarnio”.
PO foi para os Coanhadeira toda unha proba. Dende que se alzaron co premio en Santander, o pasado mes de maio, adicaron todo o seu tempo e esforzo a preparar este novo traballo, apenas catro meses despois de sair da gravación do seu disco debut “Haique”. Con todo isto, PO mostra a evolución dun grupo que en moi pouco tempo soubo avanzar e definir o seu propio son e estilo, incluindo a nova instrumentación para esta ocasión, pero ca mesma base ca que contaban nos seus inicios: a música tradicional.

Suso Ramallo foi o encargado da gravación e masterización do cd. O grupo confiou nel e o resultado foi, predeciblemente, inmellorable.
A gravación realizouse nos estudos “Xílgaro” de Ourense do 12 ó 22 de outubro de 2009.


