O Grupo

basegif



 

As coanhadeiras eran nalgunhas zonas, as persoas, encarregadas de recoller os restos da malla na aira para aproveitalos. O mesmo nome se lle aplica ao instrumento (vasoira) empregado. Esta Coanhadeira musical nace en Ourense fai aproximadamente un ano, como un proxecto mais dos que recollen os restos da malla que sofre a nosa cultura musical, (mais aínda se cadra aquí en Ourense) “restos”, dende logo moi aproveitables.
 
Xurde primeiro como grupo de “gaiteiros”, partindo dunha base eminentemente tradicional, tanto na formación como nos “escenarios” recorridos: festas, romarías e demais eventos lúdico-musicais.
 
A transformación e a adaptación se cadra están na mesma base da tradición, mais este principio non é sempre ben interpretado. No noso caso, a formación clásica dalgún de nós e a experiencia no eido da música tradicional e folc , doutros, mixturanse coas inevitabeis e inconscentes influenzas musicais actuais, con instrumentos “non tradicionais”, e sérvese cun claro sentimento de pertenza a unha cultura diferenciada, demasiado rica e valiosa como para renunciar ás súas peculiaridades, e sen necesidade doutros “engadidos”
 
De ahí que a etiqueta de “música en galego” sexa escollida polos membros para definir o estilo musical do grupo. Oxalá as nosas músicas vos soen a galego, e vos entreteñan un rato. Eso é o único que pretendemos.
 
Principais Actuacións:
· Festival “Son do Vento”, Melón – Ourense- Galicia-
· Festival Internacional “4All”- Cuba- Portugal, maio 2007
· III Noites Folk na Ribeira Sacra, Esgos – Ourense, agosto 2006
· Festival da Língua “En Movimento” Campus Universitario Ourense, maio de 2007
· Festival Folc Muiños – Ourense.
· Actuacións Pubs / Locais: Asoc. Cultural “A Esmorga”, Ourense ; Pub O Turco, Ourense; Café Cultural Auriense, Ourense.
· Musicalización da obra de títeres para nenos “Os Barballocas”, no Verbum (Vigo), marzo de 2007.
· Gañadores da Sección Folque e Finalistas no I Concurso “Nsaio no Camiño”, organizado pola Conselleria de Xuventude e Vicepresidencia da Xunta de Galicia.
·Participación no CD “NSAIO-Música emerxente da Galiza”
· Participación no Programa de Actividades “Domingos de Lecer”, organizado polo Concello de Ourense en decembro de 2007
· Música ao vivo na Gala Inaugural e Clausura do XII Festival Internacional de Cine Independente de Ourense.
· Presentación da Maqueta no programa da Radio Galega “Lume na Palleira”, en decembro de 2007
· Gañadores do Xl Concurso Folk “Radio Obradoiro” en marzo de 2008.
· Nos anos 2007 e 2008 o grupo participou na “Rede Galega de Música ao Vivo”, (creada pola Asociación “clubtura” e o IGAEM), recorrendo salas de todo o país: Cariño (A Coruña), Cervo (Lugo), Redondela e
Bueu (Pontevedra), A Rúa, Allariz, Ourense (Ourense).
· Festival de Ortigueira 2008: finalistas no escenario “Runas” de grupos noveis.
· Actuación dentro do circuito “Nsaio no camiño”, xunto a Fía na Roca, en Vila de Cruces (Lugo-Galicia)
· 2º premio no concurso de música Folk “Folkez-Blai” de Ermua (Euskadi)
· Participantes en diversos festivais de Galiciano verán do 2008: Festivalda Chaira (A Pastoriza- Lugo), Traba Folk (Laxe- A Coruña), …
· Festas da Ascensión 2008, en Santiago de Compostela
· Festas do Corpus 2008, en Ourense, dentro da programación de carpa “Galegapoloscincosentidos”
· Concerto en directo na Radio Galega, dentro do programa “Lume na Palleira”.
· 1º Premio no Concurso Escenario Prau (Cantabria) en maio de 2009


Voltar o Inicio