Coanhadeira volve de Lorient con gran éxito nos concertos
Despois de 8 días fóra da casa e con moitos quilómetros no corpo, podemos resumir que na nosa xira por Andorra e Francia, concretamente Ordino e Lorient, tivemos unha moi calurosa acollida nos nosos concertos.
Máis de 1000 persoas na carpa dedicada á rexión da Bretaña e co Palacio de Congresos da cidade de Lorient cheo, deixa unha impresión moi positiva do noso traballo.
Cortesía de: http://www.viddler.com/explore/antourtan/videos/725/
Dende o grupo queremos darlle as grazas a todos os que nos apoiaron nestes días (María, Dominique, etc…).
Nuns días máis vídeos e fotos.



